Thursday, May 25, 2006

Meme


Oooooola!!!! Hai alguén aí? Despoi dun longo tempo, volto á comunidade blogger para responder a un meme que moi amablemente me pasou María . Deste xeito remato tan longo silencio que eu mesma me autoimpusen, en parte porque neste cuadrimestre non dispoño de tempo, pero tamén porque o que me gustaría de verdade dicir é mellor non dicilo-polo de agora-, de aí o da canción dos Depeche Mode... Pero non me quero poñer profunda hoxe, xa que é un meme divertido así que aí vou....

MEME

Se fora un mes:
Xullo, pleno verán
Se fora un día da semana:
Venres, sen dúbida, hai toda unha prometedora fin de semana por diante...
Se fora un momento do día:
as primeiras horas da mañá, cando todo ule a limpo e estreamos un novo día
Se fora un planeta:
A Terra
Se fora un animal:
un can, un West Highland White Terrier
Se fora un moble:
unha cama antiga ou unha chaise longue
Se fora unha bebida:
Coca Cola light, té Earl Grey, unha Bud
Se fora un instrumento musical:
un piano
Se fora unha froita:
cereixas, picotas vólvenme tola
Se fora unha canción:
The River ( Bruce Springsteen), Sunday Bloody Sunday, One ( U2), Losing my Religion (REM), Only you(Yazoo), Somebody(Depeche Mode) e tantas outras, non podería ser só unha....
Se fora unha asinatura:
Lingua, literatura
Se fora unha parte do corpo:
ollos ou ombreiros
Se fora un obxecto:
un bolso
Se fora unha comida:
unha ensalada con moitos ingredientes
Se fora un personaxe animado:
Piolín
Se fora un número:
3 ou 7
Se fora un coche:
Mini ou Jeep Grand Cherokee
Se fora unha cidade: Santiago e Londres
Se fora unha dor: unha indolora
Se fora un mar: Oceano Atlántico
Se fora un idioma: Un que nunca ofendera, nin fixera dano

Se fora unha flor:
Tulipán
Se fora unha cor:
Azul
Se fora un verbo:
Sentir
Se fora unha estación: Verán
Se fora unha prenda de vestir:
uns "manolos".....obviamente....
Se fora un libro:
Retrato dunha dama de Henry James, The Sound and The Fury, de Faulkner, Tender is the Night, de Scott Fitzgerald, tódolos de Manolo Rivas....e tantos outros, tampouco podería ser só un
Se fora un país: Australia
Se fora un lugar:
Carnota ou Caión, ou unha praia grande e limpa
Se fora un deporte:
Golf
Se fora unha película:
Algunha de Woody Allen, Los Puentes de Madison County...
Se fora unha marca:
xa vos imaxinades ...Manolo Blahnik e adoro a Tom Ford
Se fora unha serie:
Doctor en Alaska, House, A dos metros bajo tierra
Se fora unha páxina web: quédome cun buscador, así vou a todas partes, pois Google
Se fora un sabor:
salado
Se fora un signo do zodíaco:
Piscis (o meu propio)
Se fora un perfume: Samsara(Guerlain), Envy (Gucci), Burberry Britt, Contradiction, Escape tódalas de Calvin Klein....depende do día, non podo elixir unha soa. Adoro os perfumes...



Grazas María. Pásolle o meme a Elisa e a Jessica.Tamén a Jorge e a Raúl, aínda que non teñen blog poden mandarmo por mail.Bicos. María, para ti uns manolos da nova colección.

Thursday, May 18, 2006

Thursday, May 04, 2006